MicroSAS
GL

Gravar a pantalla en liña

Grava a pantalla completa, unha xanela ou unha lapela co son, a túa voz e a cámara. Sen instalar nada, sen marca de auga e sen subir a gravación a ningún sitio.

  • De balde
  • Sen rexistro
  • Sen límite de tempo

Ao premer «Comezar a gravar», o navegador pregúntache que compartir: unha lapela, unha xanela ou a pantalla completa. Para gravar o son dun vídeo de YouTube, por exemplo, escolle a lapela e marca «Compartir audio».

Como funciona

  1. 1

    Escolle que gravar

    Marca se queres o son, o micrófono e a cámara, e preme «Comezar a gravar».

  2. 2

    Comparte a pantalla

    Escolle unha lapela, unha xanela ou a pantalla completa no aviso do navegador.

  3. 3

    Detén e descarga

    Preme «Deter» (ou «Deixar de compartir» no navegador), revisa a gravación e descárgaa.

Que se pode gravar?

Unha lapela do navegador (co seu son), unha xanela de calquera programa ou a pantalla completa. Podes engadir a túa voz co micrófono e a túa cara coa cámara, que aparece nunha xanela flotante que podes mover.

Formato da gravación

Gárdase en MP4 se o teu navegador o permite (Chrome e Edge recentes, Safari) ou en WEBM nos demais. Se precisas MP4 ou reducir o seu tamaño, usa o noso compresor de vídeo; para cortar anacos ou engadir música, o editor de vídeo.

Ideas de uso

Titoriais

Explica un programa ou unha web mentres gravas a pantalla e a túa voz.

Informar dun erro

Grava o que pasa na pantalla para ensinarllo ao servizo técnico.

Presentacións

Grava as túas diapositivas coa cámara para enviar unha presentación en vídeo.

Partidas e demos

Grava unha partida ou a demo do teu proxecto sen instalar programas.

Preguntas frecuentes

Súbese a gravación a algún servidor?

Non. Todo se grava e se garda no teu navegador; o vídeo só sae do teu ordenador se ti o compartes.

Hai límite de tempo?

Non poñemos límite. A gravación gárdase na memoria do ordenador, así que para gravacións de varias horas convén ter memoria libre.

Por que non se grava o son?

Ao compartir, marca a caixa «Compartir audio» do navegador. Windows e ChromeOS permiten o son de toda a pantalla; en Mac, só o das lapelas do navegador.

Funciona no móbil?

Non. Os navegadores de Android e iPhone non permiten gravar a pantalla desde unha web; usa a gravación de pantalla do propio móbil.

Outras ferramentas de balde